MUFRA

"A herdanza do pasado"

       "Unha exposición activa que recolla e mostre a herdanza que nos deixaron a nosos antepasados "

memoria, emocións, nostalxia

Memoria

Recuperar pedazos da nosa vida cotia

Emocións

Por dar vida a un proxecto único

Nostalxia

Dun modo de vida que xa non existe...

As nosas seccións

O espazo expositivo está dividido en módulos onde se sitúan as seccións do museo.

O percorrido do museo comeza pola sección de Arqueoloxía (que contén materiais líticos correspondentes aos períodos Neolítico, Cultura Castrexa e Romanización).

Deseguido adentrámonos na sección do fogar onde se mostra a lareira como centro da vida rural, coa artesa para amasar pan, o forno para cocelo e unha serie de pezas e utensilios que nos achegan á evolución tecnolóxica que comezou na década de 1970... Televisión en branco e negro, pequenos electrodomésticos a corrente, etc...

A seguinte sección correspóndese á escola; nela reprodúcese unha aula de finais do franquismo e principios da Transición, con pupitres, mesa da mestra, cartografía, libros, enciclopedias, etc...

Frente á escola situase a sección de Tecnoloxía. Ademais dos xoguetes vinculados aos escolares, móstrase a evolución da fotografía, das imaxes e do son.

A seguinte sección está relacionada cos tecidos e as costureiras que se completa noutra sección na que se sitúa un tear con todos os seus complementos e varios instrumentos de música popular.

Na sección propia de Etnografía sitúanse pezas de todos os tamaños, dende o carro, grade, canizo... até os típicos apeiros de labrar a terra propios das terras de Frades.

No percorrido final do museo encontramos mostras dos oficios rurais tradicionais: carpinteiro, ferreiro, zapateiro... así como diferentes máquinas relacionadas co proceso da malla e doutros traballos agrícolas e gandeiros.

Sección de Etnografía

Sección de Tecidos

Sección de Tecnoloxía

Sección "A escola "

Sección "o fogar"

Sección de Música Tradicional

Últimas novas

𝗠𝘂𝘀𝗲𝗼 𝗱𝗮 𝗰𝘂𝗹𝘁𝘂𝗿𝗮 𝗲 𝘁𝗿𝗮𝗱𝗶𝗰𝗶𝗼́𝗻𝘀 𝗱𝗲 𝗙𝗿𝗮𝗱𝗲𝘀 (𝗠𝗨𝗙𝗥𝗔) O MUFRA abre as súas portas no segundo andar do edificio multiúsos de #Frades. Un proxecto que reúne pezas da antiga colección de apeiros de labranza do Concello de Frades e outras pezas achegadas pola propia veciñanza. Se queres colaborar, podes chamar ao...

Hoxe deu o primeiro paso o Museo de Frades "Mufra" que está a desenvolver o proxecto do Centro de Cultura Tradicional. María da Pontragha guiou á rapazada do colexio da Ponte Carreira... rematando todos comendo pan de broa...